Vodafone e Microsoft afondan na mensaxería instantánea entre móbiles e PCs

mércores, 14 de febreiro do 2007 Raquel Noya

Logo de que en xuño de 2006, Vodafone e Microsoft anunciaran unha alianza estratéxica encamiñada a involucrar os servizos de mensaxería instantánea de ambas compañías, agora veñen de subliñan un compromiso máis fondo de colaboración. O obxectivo: ofrecer servizos de mensaxería instantánea “máis innovadores que aceleren a converxencia dos servizos de telecomunicacións, TI e multimedia”.
Trátase dunha nova xeración de servizos de mensaxería baseada na plataforma Windows Live Messenger e que estará disponible en moitos dos dispositivos e auriculares de Vodafone, incluíndo ós da plataforma Windows Mobile.
Ó novo servizo de mensaxería instantánea resultante desta unión poderase acceder tanto dende o PC como dende o teléfono móbil e achegaralle novas oportunidades de comunicación a milleiros de clientes en todo o mundo.
Lanzarase a finais de ano en distintos mercados europeos e, entre outras cousas, permitirá empregar unha axenda de contactos, comprobar se estes están conectados ó Messenger e intercambiar mensaxes con eles tanto dende o PC coma dende os móbiles.

PUBLICIDADE