Vodafone dobra o volume de datos das súas tarifas de prepagamento no verán

mércores, 2 de xuño do 2021 S. P.

A operadora Vodafone comezou o mes de xuño anunciando importantes novidades para os seus clientes de prepago, que, segundo fixo saber a compañía, xa gozan (deste este primeiro de mes) do dobre de GB na súa tarifa no momento no que realicen unha renovación dos seus beneficios. Esta promoción estará activa até o próximo 30 de setembro e non afecta o prezo da súa tarifa.
A oferta prepago para este verán queda da seguinte maneira:
-Vodafone Prepago S Voz: ofrece 20 GB (10 GB sen promoción) de navegación e chamadas ilimitadas nacionais e a Romanía por 10 euros.
-Vodafone Prepago S: ofrece 24 GB (12 GB sen promoción) de navegación, chamadas ilimitadas a todos os prepagos de Vodafone e 300 minutos nacionais e internacionais a 56 destinos por 10 euros.
-Vodafone Prepago M: ofrece 40 GB (20 GB sen promoción) de navegación, minutos ilimitados para chamadas nacionais e a Romanía e 800 minutos de chamadas internacionais a 55 países por 15 euros.
-Vodafone Prepago L: ofrece 70 GB (35 GB sen promoción) de navegación e chamadas ilimitadas nacionais e a Romanía por 20 euros.
Segundo engade a operadora, “grazas a esta promoción, os clientes de prepago poderán gozar dos seus contidos sen ningunha preocupación, nunha época do ano na que o consumo de datos e minutos aumenta de xeito considerábel polo maior tempo libre e as vacacións de verán”.

PUBLICIDADE