Vodafone dobra a velocidade da súa fibra de 300 Mbps

luns, 20 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Vodafone anuncia que os seus clientes de tarifas Vodafone converxentes e de fibra con 300 Mbps de velocidade pasarán a gozar dunha velocidade de 600 Mbps sen incrementar o seu prezo nin mudar as condicións das tarifas, polo que este cambio resulta transparente para os clientes.
Esta novidade beneficiará a 550.000 clientes da operadora, que gozarán dunha mellor conexión, aplicándose este cambio de xeito progresivo, recibindo unha mensaxe de Vodafone cando o proceso de mellora se complete.

PUBLICIDADE