Vodafone despedirá até a 1.200 empregados

xoves, 10 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Vodafone España anunciou hoxe a apertura dun Procedemento de Despedimento Colectivo que afectará a un máximo de 1.200 empregados e que abrirase a consulta a finais do presente mes, período que durará un mes. Esta redución do cadro de persoal atende a razóns económicas, produtivas e organizativas.
Dende Vodafone salientan que o contexto de mercado actual demanda cada vez máis servizos pero non máis prezos, e preto do 50% das altas brutas que rexistran están asociadas a ofertas de baixou ou medio custo, polo que a compañía vese obrigada a reducir a súa estrutura de custos para competir con éxito en todos os segmentos.
Tamén inciden no feito de que as actuais expectativas dos clientes precisan dunha relación áxil, sinxela e inmediata, polo que a compañía busca un modelo organizativo máis simplificado, que reforce a coordinación e as sinerxías entre os equipos.

PUBLICIDADE