Vodafone completa a primeira chamada do mundo co estándar NB-IoT nunha rede comercial

martes, 20 de setembro do 2016 Redacción

Vodafone xunto con Huawei realizou a primeira conexión sen fíos nunha rede comercial (concretamente en Madrid -ás 14:11 horas de onte) utilizando o estándar NB-IoT (Internet das Cousas de Banda Estreita). Os enxeñeiros utilizaron unha estación basee 4G en funcionamento actualizada coa tecnoloxía NB-IoT. A conexión realizouse utilizando a banda de frecuencia de espectro licenciado de 800 MHz converténdose esta chamada no fito máis importante antes do lanzamento comercial de NB-IoT en 2017.
NB-IoT é un paso a nivel industrial na creación de redes Low Power Wide Area (LPWA) que conectarán millóns de obxectos cada día, facendo realidade a Internet das Cousas (IoT). Esta nova tecnoloxía mellora aspectos da tecnoloxía actual en canto a consumo de batería, custo dos dispositivos, cobertura e localización, barreiras que no pasado eran consideradas polos fabricantes á hora de decidir se incluían ou non conectividade nun produto. Ademais, NB-IoT tamén ofrece ás empresas os requisitos de confiabilidad e seguridade que necesitan para operar en espectro licenciado con niveis de seguridade similares a 4G.
NB-IoT contará co apoio de 20 dos maiores operadores a nivel mundial, que proporcionan servizos de comunicacións a máis de 2.900 millóns de clientes e a máis do 90% do mercado potencial de IoT. Con anterioridade Vodafone, Huawei e u-blox realizaran o primeiro piloto a nivel mundial do pre-estándar NB-IoT. A especificación NB-IoT converteuse en estándar global do 3GPP en xuño deste ano.

PUBLICIDADE