Vodafone comeza a adiantar os terminais con Android que porá á venda o mes que vén

luns, 15 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Abril parece que vai ser o mes do Android en Europa, e para ir preparando o terreo, na web española de Vodafone xa anuncian que en breve van a incorporar ao seu catálogo de móbiles o HTC Legend (considerado coma o sucesor do HTC Hero que incorpora carcasa de aluminio e presumiblemente chegará para ocupar o lugar do HTC Magic no catálogo da operadora británica) e o Sony Ericsson Xperia X10 (que rivalizaría en potencia co Nexus One, ao que incluso superaría en varios aspectos, pero que polo momento inclúe unha versión vella de Android, o que impide tirar todo o proveito posible deste interesante terminal).
Dende a páxina web británica de Vodafone son máis concretos, e data para o mes de abril tanto o HTC Legend coma o Xperia X10, pero tamén inclúen na mesma listaxe o Nexus One e o HTC Desire, aínda que resulta bastante rechamante que estes dous últimos terminais cheguen xuntos ao mercado, posto que son case idénticos en características.

PUBLICIDADE