Vodafone actualiza as súas tarifas planas de datos para smartphones

martes, 8 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Adaptándose ás esixencias dos consumidores e á alta competencia, Vodafone actualiza as súas tarifas de datos para smartphones, incluíndo a posibilidade de utilizar o teléfono coma modem, o uso de VoIP e incluso o uso de datos en itinerancia (roaming).
A tarifa máis económica inclúe, por 15 euros ao mes, navegación pola Internet a unha velocidade de ata 7,2 Mbps cun límite de 300 Mb e 50 Mb en roaming; no seguinte chanzo estaría unha tafira de 19,9 euros/mes que incluiría ata 500 Mb de transferencia, 350 mensaxes de texto e 150 Mb en itinerancia; os que queiran facer tethering poden optar por unha conexión de 39 euros/mes con ata 1 Gb de transferencia, VoIP, 250 Mb en roaming e 350 mensaxes de texto. A maiores, Vodafone tamén propón unha tarifa diaria que por 2,9 euros ao día ofrecen ata 20 Mb de transferencia a máxima velocidade.
Estas ofertas comentadas reducen a velocidade a 384 Kbps tras superar os límites indicados, velocidade máis que suficiente para o acceso ao correo electrónico e para consultar páxinas web que non fagan un uso intensivo de gráficos ou reproduzan vídeo.

PUBLICIDADE