Vodafone Firsts, ou como ser o primeiro en facer algo e inmortalizalo co móbil

mércores, 15 de xaneiro do 2014 Redacción

A compañía de telecomunicacións Vodafone vén de idear unha nova campaña baixo o nome de Vodafone Firsts coa que pretende alentar a calquera persoa, de calquera idade para que se lance a realizar algo extraordinario por primeira vez empregando a tecnoloxía móbil. E a resposta ao chamamento de Vodafone non se fixo agardar, pois a compañía vén de traballar coa campioa de boxeo Mary Kom para pór en marcha unha escola de boxeo e defensa persoal -só para mulleres- na súa cidade natal, Manipur. Este contido será parte dunha aplicación de defensa persoal para smartphones en desenvolvemento arestora.
Dicir que para as mulleres da India que non posúan un smartphone, Vodafone está a axudar a Kom a crear un servizo gratuíto de SMS con consellos de seguridade e defensa persoal, un foro a nivel nacional e teléfonos de axuda para mulleres.
Outra aposta que se fará realidade nos vindeiros días é a do surfeiro británico Tom Lowe, quen empregará a tecnoloxía móbil para localizar unha das ondas máis perigosas do mundo: a onda de Todos Santos na costa norte de Baixa California (México), mentres se mantén en contacto coa súa familia de Cornualles no Reino Unido. Vodafone permitiralle ter acceso a un sistema global de predición oceánica no seu smartphone para axudarlle a rastrexar a onda antes de lanzarse coa súa táboa e tentar converterse no primeiro europeo en collela.
Vodafone tamén está a contribuír a que o músico surafricano Spoek Mathambo acade o seu soño de crear o seu primeiro disco servíndose de pistas musicais gravadas por diferentes grupos culturais de toda Suráfrica. Mathambo embarcouse nunha expedición para coñecer e gravar a distintas comunidades repartidas por todos os recunchos do país surafricano de cara a producir unha única peza musical. Mathambo pendurou as súas colaboracións musicais en Vodafone Cloud e despois usou a rede de Vodacom para conectarse ao servizo na nube e contactar cos seus compañeiros que estaban a mesturar a pista no seu estudo, en Cidade do Cabo.
Sinalar, por último, que a viaxe de cada Vodafone First pode seguirse na devandita web. Axiña se compartirán máis historias como a da primeira produción teatral con crowd-source, o primeiro coro dirixido por cores ou o primeiro bosque que canta. Vodafone tamén convidará a todo o mundo a que conte que quer facer por primeira vez para fomentar o proxecto Firsts.

PUBLICIDADE