Vitae introdúcenos nas técnicas para acadar a máxima calidade no software
luns, 28 de agosto do 2017
A academia galega Vitae
Consultores vai organizar os vindeiros dÃas unha interesante
actividade formativa para axudar as nosos profesionais TIC na procura
da máxima calidade nos seus traballos de desenvolvemento. A cuarta
edición do Curso
Fundamentos en Testing (PDF),
cuarta edición, celebrarase na Coruña no Hotel Attica 21 os dÃas
18 e 19 de setembro. Ao longo de 16 horas de contidos, introducirá
aos participantes en metodoloxÃas avanzadas para optimizar os seus
traballos de desenvolvemento de software. O curso, un achegamento
integral aos coñecementos e ferramentas precisas para asegurar o
factor calidade na creación de programas, subministra a opción de
Certificación en Fundamentos de Testing polo programa de
certificación ISTQB (International Software Testing
Qualifications Board), que é o estándar mundial para
avaliadores de programas informáticos.
Segundo engade Vitae, os
obxectivos desta actividade pasan por proporcionar os procedementos e
métodos de meirande relevancia actual para capacitar aos asistentes
na xestión, na planificación, no deseño e na execución de probas
de software coa meirande eficacia. Desta maneira, os profesionais que
participen no obradoiro terán a oportunidade de entender os
conceptos clave das probas de software, asegurar un alicerce sólido
para o medre profesional na área e comprender as técnicas básicas
de validación de programas.
O curso está dirixido a
profesionais da actividade de probas, como testers, analistas
e enxeñeiros de probas, asà como responsábeis de calidade de
software. Tamén se encamiña a profesionais que desexen acadar unha
visión avanzada e integral dos procesos de avaliación, como xefes
de proxectos, analistas de negocio, xerentes, consultores TI e
programadores.
A persoa encargada de
impartir todos estes contidos será Aurelio Gandarillas Cordero,
enxeñeiro en Informática e enxeñeiro técnico industrial en
Electrónica, con máis de 25 anos de experiencia no sector das novas
tecnoloxÃas da información e máis dunha ducia de anos como
consultor e formador nos eidos do deseño, a implantación e a
mellora dos procesos de desenvolvemento e calidade do software.