Vitae achega unha nova oportunidade formativa para convértenos en expertos en Cypress
mércores, 2 de marzo do 2022
Vitae
Consultores, a través da súa aula virtual, ofrece coa chegada da
primavera unha nova edición (a terceira) do seu Curso
Testing e2e avanzado con Cypress, de doce horas de formación.
Consiste en termos xenéricos nunha nova oportunidade para
evolucionar nos nosos coñecementos en programación e
desenvolvemento TIC e, en termos concretos, nunha nova fonte de
recursos para axilizar tarefas e introducir máis altas cotas de
eficiencia e garantÃas de éxito. O curso celebrarase os dÃas 29 e
30 de marzo e os dÃas 5 e 6 de abril, en horario de tarde: martes e
mércores de 16.00 a 19 horas.
Segundo
informa máis polo miúdo a consultora galega, trátase dun curso
completo para automatizar unha parte fundamental do noso traballo: as
probas de aplicacións web. En palabras de Vitae, é nese punto onde
comeza a garantÃa de calidade dun proxecto.
O curso pon o foco
en Cypress, un recurso do que podemos botar man para definir e
executar os tests de maneira cómoda e sinxela.
Os obxectivos
desta actividade formativa son configurar e executar probas con
Cypress, simular interaccións de usuario complexas, traballar con
servizos de datos remotos e integrar ferramentas.
O curso sobre
testing avanzado con Cypress está dirixido principalmente a
programadores de aplicacións web con experiencia. É válido para
Angular, ASP.net, Java, PHP, React ou Vue, entre outros recursos.
Impartirase en modalidade de aula virtual con clases en directo.
O
formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática
con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de
proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a dÃa
de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae
Consultores.