ViaMichelin tamén se apunta á Web 2.0 coa apertura dos seus Cadernos de Viaxe
luns, 30 de xuño do 2008
A web de viaxes de MichelÃn, que naceu como un xestor de rutas de estrada de moito éxito e eficaz abondo, vén agora de apuntarse á tecnoloxÃa da Internet 2.0 coa estrea da súa propia rede social na que os internautas poderán compartir as súas experiencias con outros viaxeiros a través da Rede sen ter que cambiar de sitio.
A nova versión desta popular páxina inclúe agora a sección Cadernos de Viaxe, un espazo común que lle permite aos visitantes integrar e compartir calquera tipo de contidos cos demais internautas, tales como fotografÃas, espazos web, textos, vÃdeos...
ViaMichelin vén de converterse, pois, nun espazo virtual no que poder dar conta de experiencias de viaxes e acceder (ou facilitar) información de calidade e de primeira man sobre onde ir ou as condicións nas que se atopan as estradas ou os aloxamentos.
Para crear un caderno de viaxe en liña nesta web tan só é preciso que o usuario se rexistre cun nome e unha contrasinal. Trátase dun servizo totalmente de balde e cun número de opcións aceptable, entre as que destacan a inserción de imaxes e vÃdeos para documentar a viaxe, a preparación de rutas personalizadas mediante a cartografÃa subministrada por ViaMichelin e sobre todo, a procura de información doutros usuarios sobre un determinado lugar ou destino para adaptalo ás nosas posibilidades.