Versátil monitor de alta definición de LG

venres, 27 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

LG anunciou o lanzamento do seu monitor W2442PA-BF, que pretende chegar ao mercado coma unha pantalla de alta definición a un prezo axustado, pois este monitor de 24 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (con formato panorámico 16:9 en vez do habitual 16:10 doutros monitores) e conectores HDMI e DVI, cun brillo de 300 cd/m2, contraste de 1.000:1 e unha velocidade de refresco de entre 2 e 5 ms, venderase a un prezo aproximado de 240 euros.
Esta pantalla parece ideal para conectar tanto un equipo informático como unha consola de videoxogos de alta definición (PS3 ou Xbox 360), un reprodutor de DVD, un receptor de TDT ou un disco duro multimedia, incluso simultaneamente (ao contar con dúas entradas de vídeo) de xeito que vale tanto de monitor coma de televisor/pantalla multimedia, de aí o seu atractivo para os usuarios domésticos.

PUBLICIDADE