Verizon está a colaborar con Google na elaboración dun tablet

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

Lowell McAdam, director xeral de Verizon Wireless

Durante unha entrevista para The Wall Street Journal, Lowell McAdam, director xeral de Verizon Wireless, confirmou que a súa compañía está a traballar con Google para desenvolver un ordenador tipo tablet, aínda que non teñen un calendario marcado para o lanzamento do produto, que estaría baseado en Android ou Chrome OS, e do que dende Google rexeitan facer declaracións.
O feito de que Google estaba a traballar nun competidor do iPad de Apple vénse comentando dende hai semanas, e as declaracións de McAdam non fan máis que dar credibilidade ao ruxerruxe, polo que durante o Google I/O poderiamos ter máis anuncios que o Android 2.2, aínda que non parece probable que Google amose as súas cartas antes do verán.

PUBLICIDADE