Verizon deixa de dar servizo de telefonía 3G nos EE.UU.

luns, 2 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

A chegada da 5G a España está a ser máis lenta do esperado inicialmente, pero nos EE.UU. a cousa está a ser moi diferente, e os operadores de telecomunicacións levan anos advertido aos seus usuarios do apagamento da 3G para que actualicen os seus dispositivos, e a última operadora que continuaba a dar este tipo de conectividade, Verizon, puxo fin á súa rede 3G CDMA o 31 de decembro de 2022, polo que agora podemos dicir que EE.UU. é un país sen 3G.
Verizon leva dende 2016 procurando que os seus clientes adquiran terminais 4G ou 5G, e xa tiña intención de dicir adeus á 3G en 2019, pero tivo que prorrogar o peche primeiro a finais de 2020 e, finalmente, a finais de 2022. Deste xeito, os clientes que aínda teñan un móbil 3G ou un móbil 4G que non soporte VoLTE terán que actualizar o seu dispositivo para poder seguir facendo chamadas.
Verizon aproveitará as frecuencias empregadas pola 3G para dar servizo con tecnoloxías máis modernas.

Os clientes de Verizon que aínda facían uso da 3G recibiron unha notificación informando do cesamento do servizo

PUBLICIDADE