Vedra dará continuidade ao seu programa da apoderamento dixital para mulleres

luns, 9 de xaneiro do 2023 S. P.

O Concello de Vedra informou da continuidade do programa Mulleres+, programa formativo impulsado polo Executivo local que ten o obxectivo de facilitar a plena integración laboral, social e tecnolóxica das veciñas do concello, poñendo o foco en impulsar o seu apoderamento. O programa, a nivel de contidos, inclúe formación en coñecementos básicos de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), formación teórica e recursos para facer realidade a inclusión dixital das persoas participantes.
En palabras do departamento de Igualdade do Concello, o obxectivo é “ter un recurso propio para mellorar a autonomía e o autocoidado das mulleres de Vedra. Desenvólvese a través de accións formativas grupais e individuais, para que as mulleres vaian adquirindo coñecementos e ferramentas e que van destinadas ao coñecemento e adquisición de novas capacidades”.

PUBLICIDADE