Vedan temporalmente o acceso á Wikipedia no Reino Unido por mor da portada dun disco dos Scorpions

martes, 9 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A portada do disco Virgin Killer foi considerada pornografía infantil pola IWF

O pasado día 5 a británica Internet Watch Foundation incorporou á súa lista negra unha imaxe publicada na Wikipedia que fixo que boa parte dos británicos non puideran acceder a tal web xa que a listaxe se emprega para labores de filtrado na Rede para evitar o acceso a contidos ilegais. O asunto está a xerar moita polémica xa que a imaxe en discusión correspondía á portada do disco Virgin Killers de The Scorpions, que é xa unha imaxe histórica, publicada en diversos medios, polo que a censura da mesma hoxe en día carece de sentido, polo que a IWF xa rectificou a súa decisión anterior, pero os efectos aínda se notan nalgúns accesos á Rede (segundo o seu ciclo de actualización dos filtros aplicados).
Vedar contidos na Internet pode ser un asunto problemático, e ao igual que se intenta aplicar a censura a unha portada dun disco de rock podería pasar o mesmo cunha obra de arte ou cunha fotografía familiar, polo que habería que chamar ao tino neste tipo de prácticas, que poden supor unha ameaza ás liberdades persoais.

PUBLICIDADE