Vázquez Abad comproba o funcionamento do Programa ABALAR en Guitiriz

luns, 18 de xuño do 2012 Redacción

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o funcionamento de dous dos proxectos máis punteiros impulsados polo seu departamento, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o Proxecto ABALAR, nos centros educativos do concello de Guitiriz.
Vázquez Abad visitou a primeira hora da mañá o IES Poeta Díaz Castro, que conta con aulas ABALAR desde o primeiro curso de implantación do proxecto, o 2010/2011. deste xeito, 80 alumnas e alumnos contan con cadanseu ordenador ultraportátil para o seu uso na clase. Tal e como explicou o conselleiro, as 4 aulas ABALAR do centro supuxeron un investimento de 48.600 euros, co fin de acadar a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación no ensino.
Vázquez Abad, acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, visitou tamén o CEIP de Lagostelle, que forma parte da rede de 110 Centros Plurilingües de Galicia. Xunto ao director do centro, Domingo Lodeiro, visitou a aula dixital da que se dotou ao centro grazas ao convenio con Red.es, polo que o presente curso foron instalados 782 kits de aula dixital en 645 colexios que non forman parte do ABALAR.

PUBLICIDADE