Varias aeroliñas facilitan o uso dos iPod nos seus voos

mércores, 15 de novembro do 2006

As medidas de seguridade nos avións poden ser consideradas excesivas en moitos casos, como cando estenden as restricións de uso de móbiles a calquera dispositivo electrónico, coma os reprodutores de MP3, polo que Apple negociou con 6 das principais liñas aéreas que operan nos EE.UU. (Air Frande, Continental Airlines, Delta Air Lines, Emirates, LKM e United Airlines) para que permitisen o uso dos seus iPod e incluso comecen a ofrecer conexións nos seus asentos de pasaxeiros para que os usuarios poidan cargar os seus iPod durante o voo.
Deste xeito, as viaxes en avión se fan máis amenas, xa que se pode tanto escoitar música coma ver vídeos durante os voos.

PUBLICIDADE