Vandal TV informará semanalmente da actualidade do mundo dos videoxogos
venres, 19 de setembro do 2008
A web coruñesa de videoxogos
Vandal Online estrea esta semana Vandal TV, que polo momento só conta
cun programa
nº 0 no que podemos ver cómo Paloma Ferro nos informa das novidades e
lanzamentos desta semana, coma son El
Poder de la Fuerza, Warhammer Online
e Yakuza.
A calidade do vÃdeo é máis que aceptable e a súa duración (6 minutos) a
converte nun contido bastante cómodo de seguir na web, e que completa os contidos do vÃdeo da web que
normalmente se limitaban a clips e trailers remitidos polas distribuidoras de
videoxogos.
Haberá que agardar para ver se a televisión de Vandal é capaz de superar ao
programa semanal Meristation
TV presentado por Lorena López e que leva funcionando dende o pasado
mes de xaneiro, pero os comezos de Vandal TV son moi prometedores.