Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

VANQUISH estrea demo para Xbox 360 e PS3

xoves 2 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Nos últimos meses temos falado bastante da nova obra de Shinji Mikami, VANQUISH, e agora que estamos moi preto do seu lanzamento (o vindeiro 22 de outubro) chega ao Bazar de Xbox LIVE e á PlayStation Network unha versión de demostración deste xogo de Platinum Games que baixo o título de Ataque Veloz permite probar algúns elementos deste completo título de acción en terceira persoa coma os disparos e a cobertura para rematar cos inimigos que van aparecendo (aos que haberá que derrotar corpo a corpo de achegarse moito) e incluso o enfrontamento co enorme robot Argus, coma podemos ver no seguinte vídeo:


Coma podemos ver, VANQUISH conta cun sistema de recuperación de saúde que dá certa vantaxe cando o xogador está próximo á morte, activando unha especie de tempo bala no que será máis doado disparar aos inimigos e saír dunha situación comprometida, aínda que non impedirá que algún robot xigante poida esmagarnos se non reaccionamos debidamente aos quick time events asociados ao mesmo.
Sobra dicir que polo momento as críticas dos xogo son moi positivas, aínda que agora os usuarios poden decidir por si mesmos descargando esta nova demo de balde.
JPEG - 131.5 KB
Os disparos e as coberturas xogan un papel importante no xogo
JPEG - 116.8 KB
Cando os inimigos están moi preto hai que acabar con eles mediante o combate corpo a corpo
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS