[V] Music di adeus en Australia por non poder competir con YouTube

mércores, 24 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Cada vez parece máis claro o impacto da Internet na televisión entre o público mozo, o que ten repercusións moi serias, e ao igual que estes días puidemos ver o cesamento de emisións tradicionais de BBC Three no Reino Unido, agora sábese do caso de Channel V Australia, tamén coñecida como [V] Music, que deixará de operar o vindeiro venres, dicindo adeus a unha longa traxectoria (dúas décadas) na que lanzaron as carreiras de presentadores e celebridades australianas como Danny Clayton, Carissa Walford e Yumi Stynes entre outros.
Esta decisión supón tirar a toalla ante YouTube, que parece estar gañar o pulso ás canles musicais de todo o mundo, e aínda que a música non abandona a grella das plataformas de televisión de pagamento, si o faría a programación musical con presentadores, xa que co peche de [V] Music chegarán V Hits e V Hits +2, canles que limitaranse a programar vídeos musicais durante as 24 horas, sen contar con producións físicas, polo que estariamos ante unha oferta audiovisual musical que claramente non pretende competir con YouTube nin outras canles, senón, simplemente manter presenza de programación musical na oferta televisiva de Foxtel.

PUBLICIDADE