Utilizan un iPhone 3GS para a gravación dunha secuencia pornográfica

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Lexi Lamour e Diamond Foxx protagonizan a secuencia gravada co iPhone 3GS

Aproveitar un fenómeno de moda para acadar a atención mediática é unha fórmula que non faia, e dende o estudo pornográfico Pink Visual decidiron que un xeito que conseguir publicidade de balde era aproveitar as posibilidades de gravación de vídeo do iPhone 3GS para filmar unha secuencia dun dos clips que vende a través da súa web MilfSeeker.com.
A xogada saíulles bastante ben, pois a repercusión que ten o feito de ser o primeiro vídeo porno coñecido gravado co iPhone 3GS notouse na web, onde hai centos de referencias a este vídeo, aínda que habería que concretar que estamos ante unha verdade a medias, xa que a película está gravada cunha cámara profesional, empregándose o iPhone 3GS como unha cámara de apoio, presentando unha calidade de imaxe tan mala como era de esperar, polo que o concepto de gravar no móbil para o móbil non parece moi atinado, e as gravacións de vídeo sen un bo estabilizador de imaxe e sen un control de foto decente están moi lonxe de poder considerarse aceptables dentro dunha produción profesional.
O vídeo gravador está protagonizado polas actrices Lexi Lamour e Diamond Foxx, e o director da peza, Matt Morningwood, chega a asegurar que «a calidade é bastante boa para o que é», no que considera que contribúe a dar realismo á gravación (o que parece unha mera xustificación) mentres que a directora de produto de Pink Visual, Kim Kysar, é máis atrevida, e afirma que «é bo saber que gravar contido co iPhone é unha opción viable».

PUBLICIDADE