Unha xornada en Vigo amosará a visión de Microsoft para a mellora da produtividade

luns, 28 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro xoves, 3 de marzo, ás 19:00 horas, o salón de actos do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV sito na rúa García Barbón, 62 de Vigo, acollerá unha xornada titulada Innovación en sistemas de información para a mellora da produtividade: A visión de Microsoft, que intentará achegar ao tecido empresarial o punto de vista da compañía de Redmond sobre a evolución dos sistemas de información, que derivou no desenvolvemento de produtos de grande éxito para a mellora da produtividade, para o que contarase coa participación de Luis Gutiérrez, director de desenvolvemento de negocio de Microsoft Iberia, e de Cesáreo Barciela, director xeral de ASM Soft. Tamén exporase a experiencia de Gándara Censa, empresa viguesa con máis de 25 anos de experiencia no sector, como caso de éxito.
O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores e o programa do evento é o que segue:

19:00 Presentación do acto
Xosé H. Vázquez
Coordinador do Foro de Innovación

19:05 O posicionamiento de Microsoft sobre as solucións de productividade
Luis Gutiérrez
Director de Desenvolvemento de Negocio Microsoft Iberia
Luís Gutiérrez ten máis de 20 anos de experiencia no sector das Tecnoloxías da Información e leva 6 anos desempeñando o labor de Director de Desenvolvemento de Negocio en Microsoft Iberia. Co seu relatorio, Luís transmitiranos a visión de Microsoft con respecto ao uso do TIC no ámbito da xestión empresarial, presentándonos a proposta presente e futura de Microsoft para sacarlle o maior partido ás súas solucións de negocio.

19:35 O pilar das solucións de produtividade: Xestión Integral por medio de Dynamics NAV
Cesareo Barciela
Director Xeral de ASM Soft
Cesáreo Barciela desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito da implantación e integración de solucións de xestión en empresas de moi diversos sectores. Cunha bagaxe profesional de máis de 20 anos, achegaranos a visión de ASM Soft, unha enxeñaría cunha traxectoria de máis de 25 anos aplicando a tecnoloxía á mellora de procesos. Durante a súa intervención, Cesáreo presentará a súa propia percepción sobre como implementar con éxito as solución de produtividade e, en particular, a tecnoloxía Microsoft.

20:00 Gándara Censa: Caso de éxito en optimización
da Xestión Integral
Gándara Censa é unha empresa do ámbito industrial galego que desenvolve a súa actividade principal no sector da calderería pesada. Grazas á súa innovadora aposta tanto a nivel de produto como de proceso, converteuse co paso dos anos nunha das empresas galegas con maior proxección internacional. A empresa apostou pola utilización dunha contorna de traballo integrada para dar soporte ás súas tarefas de plani_cación, xestión documental e execución de proxectos, evidentemente no marco dunha solución corporativa de xestión integral.

20:20 Rogos e preguntas

20:30 Aperitivo