Unha web permite modificar as voces dos navegadores GPS TomTom

venres, 21 de decembro do 2007 Marcus Fernández

A voz dos navegadores TomTom Navigator 5, 6, One, Go e Rider xa se pode modificar grazas ó servizo YourPND, que nos permite gravar as instrucións que nos dita o GPS coa nosa propia voz por só 7 euros. Para remitir as gravacións a outros usuarios habería que pagar 20 euros.
O curioso servizo estará pronto dispoñible para os navegadores das marcas Mio, Garmin e My Guide, aínda que polo momento conta cun atranco idiomático, xa que a web de YourPND está escrita en holandés.

PUBLICIDADE