Unha web permite converter os ficheiros .docx

luns, 12 de maio do 2008 Marcus Fernández

Coas novas versións do Office de Microsoft apareceron novas versións dos seus formatos de ficheiro, de xeito que os usuarios de versións anteriores de Office teñen que instalar un paquete de compatibilidade para poder acceder a ficheiros creados con versións posteriores, pero que no caso de equipos de Apple non é posible, pois aínda non lanzaron unha versión deste engadido para o Office 2004 para Mac, polo que crearon unha nova ferramenta web, DOCX Convert Office 2007 que permite converter os ficheiros en formato Microsoft Open Office XML a HTML de xeito que se pode acceder aos seus contidos sen problema.
Para facilitar o uso desta nova web por parte dos usuarios de Mac OS X tamén contan cun widget para poder converter os ficheiros con arrastralos sobre o mesmo.

PUBLICIDADE