Unha web nos permite consultar cando nos afectará o apagamento analóxico

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Durante estas semanas se está a percorrer Galicia un ciclo de charlas-coloquio sobre a Televisión Dixital Terreste, polo que lles vén á perfección a renovación da web televisiondigital.es, que xa incluía información sobre as zonas de cobertura da TDT (en proceso de actualización) e a súa programación completa, e que agora incorpora unha conta atrás para as 3 fases nas que se levarán a cabo os apagamentos analóxicos, podendo consultar esta información na nosa zona a través do noso código postal. Sabemos así que faltan 214 días para que a zona de Compostela ou a de Ourense Este apague os seus repetidores de televisión analóxica (o que debería animar aos cidadán que teñan sen adaptar o seu edificio a tomar medidas para non quedar en televisión tralo 30 de xuño de 2009) mentres que na Coruña o apagamento analóxico chegará o 31 de decembro de 2009 e algunha outra rexión agardará ata abril de 2010 para dicirlle adeus á televisión analóxica.

PUBLICIDADE