Unha web alemá arrenda manifestantes por 145 euros diarios.

luns, 29 de xaneiro do 2007

Os milleiros de parados que figuran nas listaxes de desemprego do noso país poderían cambiar a súa situación da noite para a mañá se algunha axencia de busca de traballo seguise o exemplo da web alemá: erento.com. Este sitio é un portal de ofertas de emprego que dende este ano inclúe entre as súas categorías laborais a persoas que cobran por asistiren a concentracións públicas. O cliente pode escoller o sexo, a idade, a raza, ou mesmo a cor e a lonxitude do cabelo dos contratados en función das características da manifestación a “encher”, e estes son remunerados con 145 euros diarios. Cando non transcurreu nin un mes dende o lanzamento da iniciativa, xa son máis de 330 os candidatos a participar en calquera tipo de marchas, sen ter en conta as características ou a ideoloxía das mesmas.

PUBLICIDADE