Unha violinista galega encérrase nunha burbulla durante 6 días

venres, 9 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Se ben o outro día viamos a Sergio Pazos meténdose nun camión acristalado para pasar unha semana conectado á Internet co seu móbil e a violinista galega Patricia Argüelles tamén iniciou unha experiencia semellante, xa que se encerrou nunha burbulla de cristal instalada na praza da Independencia, xunto a Porta de Alcalá, onde tocará para os viandantes durante 6 días nos que procurará crear unha composición inspirada pola súa peculiar vivencia.
Para comunicarse co mundo exterior, Patricia Argüelles poderá empregar o portal Bago.es, que é o promotor desta BagoXperience, na que a violinista verá como as súas actividades cotiás pasan a ser do dominio público, aínda que no baño poderá ter certa intimidade.

Patricia Argüelles tocando o violín dentro da burbulla de BagoXperience

Tódalas tardes Argüelles amosará cómo vai a súa creación musical ó público, que poderá achegarse ó seu estilo ecléctico e alternativo.
A voceira de Bago.es, Marta Adamczyk, asegura que esta experiencia non ten precedentes, e procurarán demostrar que non é preciso manter contacto físico cos amigos, xa que un se pode comunicar cos mesmos a través da Internet.

PUBLICIDADE