Unha videoconferencia serve para presentar o Festival de Ortigueira 2011

martes, 28 de xuño do 2011 Redacción

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, participou hoxe na presentación do Festival de Ortigueira 2011 que se realizou a través de videoconferencia desde a aula CeMIT de Ortigueira e as aulas do Centro Multimedia de Galicia en Santiago, A Coruña, Castro Caldelas e Vilagarcía de Arousa.
No acto proxectouse un vídeo de presentación da edición deste ano do Festival de Ortigueira, e grazas ao uso das TIC púidose difundir o evento en tempo real dun xeito máis amplo que con eventos tradicionais, á vez que se lle deu unha maior visibilidade aos recursos dispoñibles nas aulas CeMIT.
Entre os músicos confirmados no cartel do XXVII Festival Internacional do Mundo Celta que terá lugar entre os días 7 e 10 de xullo no Concello de Ortigueira figuran os grupos Riveira (Chile), Stolen Notes (Andalucía) , Ultrâqâns (Galicia), Óscar Ibáñez & Tribo (Galicia), os escoceses Skeryore, a Escola de Gaitas de Ortigueira, Berrogüetto, David Pasquet Group (Bretaña) e The Urban Folk Quartet (Inglaterra), Luar na Lubre, The Elders (EE.UU.) e Searson (Canadá) entre outros.

O Festival de Ortigueira presentouse por videoconferencia facendo uso dos recursos das aulas CeMIT

PUBLICIDADE