Unha serie de vÃdeos presenta experiencias de implantación de solucións TIC en empresas galegas
luns, 8 de agosto do 2016
A AMTEGA presenta hoxe unha nova serie de vÃdeo-experiencias, nas que 12 empresas galegas expoñen o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio, iniciativa enmarcada dentro das actuacións do CDTIC, que ten como obxectivo é impulsar o emprego do dixital e as TIC amosando diversos casos de éxito reais de empresas de Galicia.
Os vÃdeos iranse publicando progresivamente e desde hoxe xa están accesibles dúas das doce pezas que compoñen a serie, e poderanse consultar desde a canle de YouTube da AMTEGA e na sección de Experiencias TIC da páxina web do Centro Demostrador TIC, contan cun formato de entrevista breve e dinámica, na que se presenta unha solución TIC integrada de maneira satisfactoria e que favoreceu a mellora e o bo funcionamento do negocio.
As vÃdeo-experiencias teñen como protagonistas a xestores e persoal directivo de pequenas e medianas empresas galegas de diferentes sectores que contan en primeira persoa o seu caso e tamén a súas impresións respecto da importancia da tecnoloxÃa e do labor de difusión e formación do CDTIC entre as PEME.
Os entrevistados amosan os beneficios acadados e outros aspectos relacionados coas tecnoloxÃas dixitais empregadas na súa actividade empresarial cotiá; dende as vantaxes de empregar un software de xestión das relacións cos clientes (CRM) até a mellora do negocio coa introdución de dispositivos móbiles integrados co programa de xestión da empresa.
O CRM de SienteGalicia
A primeira das experiencoas é sobre o uso dunha ferramenta CRM en SienteGalicia, unha axencia de viaxes de venda exclusivamente por internet especializada na comercialización de escapadas, vacacións e experiencias de ocio, principalmente de Galicia, que está localizada en Lugo.
O ERP de TGM Toldos Gómez
Na segunda, TGM Toldos Gómez, unha empresa dedicada á fabricación e venda de toldos, impresión dixital e rotulación, carpas e estruturas, e outras actividades relacionadas, radicada en Arzúa, da conta do emprego dun programa de xestión (ERP).
A dixitalización empresarial é un dos retos da Axenda Dixital de Galicia 2020 e un reto inaprazable para as PEME; por unha parte, aumenta a eficiencia do sistema de xestión e do labor dos empregados e, por outra, cada vez máis clientes demandan servizos dixitais, sinxelos e rápidos. Mostrar e fomentar o emprego das novas tecnoloxÃas é a principal tarefa do CDTIC, polo que esta vez aposta por contido audiovisual e atractivo para dar a coñecer os beneficios e as vantaxes relacionados coa introdución de software e sistemas de xestión dixital no tecido empresarial.