Unha serie de animación precederá ao lanzamento de Crackdown 2

luns, 24 de maio do 2010 Marcus Fernández

O 9 de xullo vai chegar ás tendas de videoxogos Crackdown 2, un xogo exclusivo para Xbox 360 que ofrecerá moita acción e incluso modos multixogador tanto cooperativos coma competitivos, que vai vir precedida por unha serie de animación que poderemos ver en entregas semanais que comezaron o pasado venres e que rematarán o 21 de xuño cun quinto episodio que pechará Crackdown 2: The Pacific City Archives.
Esta serie de animación pretende encher o oco entre a primeira parte da saga e esta segunda parte desenvolvida por Ruffian Games, dando a coñecer a unha das grandes protagonistas da aventura: a devastada cidade de Pacific City, na que a policía intenta establecer a orde, o que ten especialmente difícil de noite, cando ataca perigosos mutantes.


Primeira entrega de Crackdown 2: The Pacific City Archives