Unha nova páxina web recolle centos de fotografías ao redor das clásicas motos Vespa

venres, 14 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Juan Carlos Pazos, Pablo Osorio e Roberto Hernández presentaron a nova páxina web esta mañá

Esta mañá a Sala de Conferencias do Museo MARCO de Vigo acolleu a presentación unha nova páxina web chamada Cualquier Tiempo Pasado, creada por iniciativa da asociación Vespeinados, que xunta centos de imaxes que queren servir para rexistrar a pegada deixada polas míticas motos Vespa no contorno de Vigo entre as décadas dos 50 e 80.
O arquivo fotográfico deste novo espazo na Internet conta cunhas 600 imaxes, acompañadas pola súa historia, e complementadas por unha sección de garaxe á que van a parar distintos obxectos asociados aos clásicos ciclomotores, como cascos, insignias e lentes protectoras.
Aínda que a nova web abriu as súas portas hoxe, os seus responsables levan un tempo adiantando os seus contidos a través de Facebook, pois consideran que as plataformas sociais poden contribuír a enriquecer este museo virtual que debería de ser do agrado de nostálxicos ou de curiosos que queiran saber algo máis deses vehículos presentes en moitas historias dignas de ser escoitadas.

Cualquiertiempopasado.com abre hoxe as súas portas virtuais

PUBLICIDADE