Unha nova aplicación fai doado liberar o iPhone

martes, 12 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O iPhone está a ser obxecto de moitos rumores, que apuntan a que esta semana se anunciará a súa comercialización en España, que o lanzamento do SDK que permitirá facer aplicacións para o dispositivo sería inminente e que esta última podería ir acompañada pola incorporación de soporte de Flash no móbil de Apple, pero os usuarios parecen centrarse máis en ZiPhone, unha nova aplicación que permite librerar o iPhone de xeito doado.
A aplicación destaca por ser máis doada de empregar que outros sistemas que abren o iPhone tanto para a instalación de aplicacións de terceiros como para o uso de tarxetas SIM de calquera operadora de telefonía móbil, e por funcionar mesmo coa versión 1.1.3 do firmware (que ata o momento resultaba bastante complicada de liberar).

PUBLICIDADE