Unha muller deberá pagar unha multa de 222.000 dólares por compartir música a través de KaZaA

venres, 5 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Jammie Thomas co seu avogado á saída do xuízo

A industria musical norteamericana denunciara en 2003 a 26.000 persoas de ter compartido ficheiros protexidos por dereitos de reprodución a través da Internet, e unha das acusadas xa rematou o seu xuízo ante un tribunal de Minnesota que fallou que Jammie Thomas deberá pagar un total de 222.000 dólares pola descarga e compartición de 24 cancións na rede KaZaA (ou sexa 9.250 dólares por canción).
A RIAA acusaba a Jammie Thomas de compartir máis de 1.700 cancións na rede P2P mencionada, e nesta ocasión completouse o proceso xudicial, xa que noutros casos semellantes se están a pechar acordos extraxudiciais.
Queda por ver cómo unha muller de 30 anos e con 2 fillos é quen de facer fronte á sanción económica imposta, mentres a entidade norteamericana de xestión de dereitos de autor amosa a súa satisfacción pola decisión do xurado. Aseguran que «a lei e clara, e rompela ten consecuencias».

PUBLICIDADE