Unha grande empresa canadense de criptomoedas en crise por non poder acceder ao portátil do seu finado fundador

luns, 4 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O principal intercambiador de criptomoedas de Canadá, QuadrigaCX, está a vivir unha crise sen precedentes, tendo que recorrer á protección por bancarrota ao non poder continuar as súas actividades por mor do repentino pasamento do seu fundador, Gerald Cotten, de 30 anos, que faleceu o pasado mes de decembro na India por complicacións coa enfermidade de Crohn, levando con el os contrasinais para que o seu negocio puidese operar.
QuadrigaCX fora a primeira compañía en montar caixeiros de Bitcoin en Toronto, e aínda que nos últimos meses xurdiran dúbidas sobre a súa solvencia, a versión oficial do acontecido sostén que a empresa non foi capaz de continuar a súa actividade ao non poder acceder aos rexistros no ordenador portátil de Cotten, que ten os seus contidos cifrados, e até o momento non tiveron éxito á hora de acceder aos mesmos.
Estímase que actualmente QuadrigaCX manexa uns 250 millóns de dólares canadenses (166 millóns de euros) dos seus 115.000 usuarios, correspondendo uns 70 millóns de dólares a canadenses a cartos en moeda tradicional e os 180 millóns restantes a criptomoedas.
Varias entidades bancarias teñen cartos do intercambiador de moedas conxelados por mor de distintos problemas que agora deberán solucionarse nos tribunais, como os problemas que a compañía ten cos seus clientes, que atópanse nunha grande indefensión.

PUBLICIDADE