Unha empresa norteamericana permite facer podcasts por teléfono

xoves, 28 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Facer un podcast é cada día unha tarefa máis doada, non só porque a edición de son dende o ordenador é doada e está o alcance de calquera, senón porque tamén existen servizos que nos permiten incluso gravar sen empregar o ordenador, cunha simple chamada telefónica.
Así, dende Blogtalkradio presentan un servizo coñecido coma Cinch e que resulta sumamente sinxelo, xa que o usuario só ten que chamar ó número telefónico norteamericano (646) 200-0000, onde deixa a súa mensaxe de voz, que se engade automáticamente a un fluxo RSS nun enderezo web tipo http://cinch.blogtalkradio.com/NUMERODETELEFONO, no que se podería considerar que é a plataforma de podcasting máis sinxela do mundo.
As gravacións efectuadas quedan dispoñibles en formato MP3, e grazás ó fluxo RSS os usuarios pódesense subscribir ás mesmas para recibilas puntualmente en aplicacións coma iTunes.