Unha empresa holandesa especializada en aplicacións móbiles abriu oficinas na Coruña co apoio do IGAPE

martes, 8 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Ron Vrijmoet e Javier Aguilera escenificaron cun apretón de mans a colaboración entre MobGen e o IGAPE durante os últimos 9 meses

A semana pasada demos conta de como Marcos Espada e Javier de la Peña daban conta do desembarco da holandesa MobGen na Coruña durante a celebración do VIII Betabeers Galicia, e hoxe sabemos que esta iniciativa empresarial está a contar co apoio da Consellería de Economía e Industria, o que fíxose visible a través da visita do director do IGAPE, Javier Aguilera, ás oficinas coruñesas de MobGen Technology Spain, onde destacou os esforzos da Xunta enfocados á captación e ao crecemento de novas empresas innovadoras, polo que potencial para provocar sinerxías con compañías tecnolóxicas galegas e pola súa capacidade para atraer a técnicos galegos de alta cualificación.

Marcos Espada é un dos galegos que traballou nas oficinas de MobGen en Amsterdam

Aguilera destacou que na apertura das oficinas de MobGen contouse con 7 especialistas, dos que 5, de orixe galega, xa traballaban en Holanda, e agora retornan a Galicia.
O representante da compañía holandesa, Ron Vrijmoet comentou que levan 9 meses en colaboración co IGAPE para culminar a apertura das súas oficinas galegas, dende as que desenvolveranse principalmente aplicacións para dispositivos móbiles, realizaranse análises de interfaces de uso, integraranse sistemas, realizaranse probas de calidade e incluso desenvolveranse campañas de publicidade móbil.

PUBLICIDADE