Unha curta galega gravada en HDV permite a súa descarga íntegra

martes, 24 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Imaxe da curta

Oficina Interior Día estréase na Rede como a auto-denomeada primeira curta galega gravada en HDV (afirmación sumamente dubidosa, posto que tal forma xa leva tempo empregándose) pero a obra escrita e dirixida por Manuel Tarrío Cao e coa interpretación de Fran Godón, Fran Núnez e Nana, destaca por publicarse na web, tanto mediante un visor que permite vela de balde, como mediante descarga directa, de xeito que os interesados na peza poden achegala ó seu equipo informático cunha excelente calidade.
A trama mestura emoción, suspense, acción, erotismo, terror... pero o máis importante da súa publicación na Internet é que podería supor un elemento dinamizador do soporte, de xeito que anime a outros autores a liberar os seus contidos en vez de manter a tradicional explotación ríxida da súa obra.

PUBLICIDADE