Unha aplicación facilita o seguimento da Fórmula 1 dende o iPhone

martes, 16 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Ante o inicio do campionato de Fórmula 1 a pasada fin de semana non son poucos os seareiros que optan pola Internet para estar informados en todo momento sobre a competición, pero unha nova aplicación para iPhone e iPod Touch pon aínda máis doada a operación, ofrecendo un seguimento en tempo real das carreiras (con notificacións push para avisar do inicio das carreiras).
A aplicación tamén serve para difundir novas do mundo da Fórmula 1 (incluso en español), seguir a clasificación, consultar información sobre equipos, pilotos e circuítos, consultar estatísticas históricas e incluso facer un seguimento do noso piloto e equipo favorito.
Esta ferramenta para os terminais de Apple está xa á venda por 2,39 euros, e os seus responsables aseguran que gozará de características novas e de balde en sucesivas actualizacións.