Unha actualización impedirá o uso de unidades de memoria non oficiais na Xbox 360

luns, 19 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Microsoft comezará a probar nos vindeiros días entre un grupo de voluntarios a nova actualización da Xbox 360 para incorporar, entre outras prestacións, a integración de Twitter e Facebook, pero o novo Dashboard inclúe unha serie de sorpresas que poden supor un importante prexuízo para algúns usuarios, xa que tras a actualización a consola de Microsoft deixará de funcionar con unidades de memoria non oficiais, polo que recomendan a quen utilicen tal tipo de accesorio, que fagan unha copia de seguridade dos seus datos se queren poder utilizalos no futuro.
As unidades de memoria e discos duros oficiais de Microsoft para a Xbox 360 teñen un prezo bastante elevado, polo que non foron poucos os usuarios que optaron por adquirir dispositivos alternativos, a prezos bastante atractivos e que, por exemplo, adaptaban tarxetas microSD (de xeito que era posible adquirir unha unidade de memoria non oficial de 4 Gb por un prezo bastante inferior ao dunha memoria oficial de 512 Mb).

PUBLICIDADE