Unha actualización da Wii inicia a guerra contra a piratería

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Nintendo lanzou unha actualización do firmware da Wii, a versión 3.3, que parece estar destinada en acabar coa piratería para a consola doméstica, xa que detecta e borra os arquivos gardados a partir das modificacións sen autorización (que aproveitaban un fallo de seguridade anterior coñecido coma o Twilight Hack).
Un dos principais problemas detectado trala actualización é que deixa de funcionar o disco Freeloader que permite utilizar xogos importados en consolas europeas (moi popular entre usuarios que non queren agardar a que xogos coma Super Smash Bros Brawl cheguen a Europa para botar unha partida aos mesmos); aínda que tamén aparecen problemas coa canle para aplicacións caseiras, que funcionará se estaba instalada con anterioridade, pero parece ser imposible de instalar trala actualización de firmware.
A actualización engade unha nova posibilidade á Canle Mii, permitindo que os Mii pasen da Praza Mii ao Paseos dos Mii cunha sinxela operación de arrastrar e soltar.

PUBLICIDADE