Un webmaster pretende facerse máis rico que Bill Gates para axudar a loitar contra o cambio climático
martes 7 de agosto do 2007, por | |
| Compartir |
Co principal obxectivo de recadar fondos en prol daqueles proxectos ou organizacións que traballen por porlle fin ó cambio climático nace contigoesposible.com, unha peculiar web que chama á atención pola seu xeito de tratar un problema que nos afecta a todos.
Segundo o seu fundador, Xavi Caro, o que diferencia a esta páxina doutras de similares características é “o pequeno reto que inclúe para chamar á atención”. O devandito reclamo é (nin máis nin menos) que chegar a recadar unha fortuna que iguale ou supere á do actual home máis rico do mundo: Bill Gates, para logo doala en favor de proxectos que axuden a frear o cambio climático.
A cousa non vai ser doada pois o magnate de Microsoft posúe preto de 56.000.000.000 $, mentres que o humilde webmaster non chega nin ós 37 dólares para loitar en prol da causa pero aplicándolle os termos populares, “a esperanza é o último que se perde” e “para baixar hai tempo”.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














