Un web norteamericana detalla as caracterÃsticas técnicas das pelÃculas editadas en Blu-ray
venres, 8 de agosto do 2008
O formato Blu-ray
está a ter moitos problemas para penetrar no mercado de consumo, pero os
usuarios que decidiron apostar por el son bastante esixentes, de aà que nos
EE.UU. creasen unha web cunha base de datos das pelÃculas editadas en tal
soporte detallando
as súas caracterÃsticas técnicas, o que axuda aos compradores a
decidir se paga a pena deixar os cartos no produto ou adquirir a pelÃcula en
DVD.
Blu-ray Statistics
ofrece datos como a data de lanzamento, o estudo responsable da creación da
pelÃcula, a valoración en iMDb, o tamaño do disco (de 25 ou 50 Gb), se ten
protección de zona e as compresións de audio e vÃdeo. Nos detalles de cada
pelÃcula incorpora aÃnda máis información, coma pode ser o nivel medio de
compresión da pelÃcula ou o espazo que ocupa no disco, o que nos fai entender
que tÃtulos coma 3:10 to Yuma (que se
estreará nos cines españois no outono) está comprimida en VC-1 a 1.080p… ¡e
ocupa 47,94 Gb de disco! Danos asà a entender que é unha peza que saca proveito
do seu formato, mentres que outras pelÃculas coma Aeon Flux está comprimida en MPEG-2 nun disco de 25 Gb. Vese claramente
que esta última pelÃcula non terá unha calidade tan boa como a anterior, e
incluso poderiamos entender que dado que conta con moitos efectos especiais,
serÃa un produto a desbotar, xa que poderÃa contar cunha mellor edición
posterior (podendo conformarse mentres o consumidor cunha copia en DVD a un
prezo moi inferior).
Cómpre lembrar que as pelÃculas en Blu-ray poden empregar distintas
compresións, coma son MPEG-2, VC-1 e AVC, nesa orde no tocante á calidade de
compresión, aÃnda que non sobra indicar que a bitrates moi elevados a diferenza de calidade poderÃa ser
imperceptible, podendo empatar o VC-1 e o AVC, mentres que o MPEG-2
pode chegar a comportarse dignamente, aÃnda que non hai que esquecer que se
trata dun formato de compresión moi vello (é o que actualmente se utiliza nos
DVD).
Supomos que moitas destas caracterÃsticas se replicarán na edición española das
pelÃculas, de xeito que a web de Bluray Statistic poderÃa ser moi práctica para
os afeccionados ao cine en casa que se subisen ao carro da alta definición.