Un videoxogo permitirá visitar os destinos turíticos de Arousa Norte

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Percorrer de xeito virtual os principais recursos turísticos da comarca do Barbanza mentres se participa nun xogo de ordenador desenvolvido a través do proxecto Travel In Europe, no que está a participar a mancomunidade Arousa Norte en representación de todo o territorio español segundo puidemos ler en La Voz de Galicia.
O xogo estará dispoñible a finais do vindeiro ano e presentará nunha interface tridimensional disitntos destinos europeos a visitar, que no caso galego incluiría as dunas de Corrubedo, as lagoas de Carregal e Vixán (en Ribeira), o Museo Valle-Inclán (na Pobra), un percorrido pola ruta das mámoas (Boiro) e as casas natais de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste (en Rianxo).

PUBLICIDADE