Un vídeo sexual dunha menor asturiana convértese nun novo fenómeno na Internet

xoves, 14 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Dende distintos medios de comunicación están a alarmar sobre o lado escuro dos contidos xerados polos usuarios que tanto caracterizan a chamada web 2.0, pois un vídeo está a causar sensación na Rede, pois no mesmo se pode ver unha orxía gravada dende un móbil no que unha rapaza menor de idade practicaba sexo con varios mozos.
A gravación nun parque de Pola de Laviana (Asturias) apareceu en moitos foros e blogs, subírona a YouTube (de onde a borraron os administradores do sistema pola súa política contra a pornografía) e mesmo a compartiron en servizos de O vídeo polémico xa non se pode descargar de Rapidsharepublicación de ficheiros coma Rapidshare (de onde se prohibiu a súa descarga tralas queixas recibidas) e, por suposto, circula nas redes P2P.
O Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil están a investigar o caso e xa se produciron 4 detencións, pois aínda que a moza asturiana é consciente de que a están gravando en vídeo, a difusión pola Rede podería constituír un delito contra a intimidade (vese claramente o rostro da rapaza e mesmo se escoita o seu nome, Aurora).
Precisamente a publicación desta nova está a reavivar o asunto, que deu moito que falar nalgún blog, mentres que noutros espazos se dedican a criticar duramente á rapaza protagonista do vídeo ou se fai unha transcrición do que di mentres practica sexo (o que xa resulta bastante ilustrativo de por qué o vídeo está a resultar tan polémico).
O clip de vídeo está a ser moi solicitado na Rede, e aínda hai páxinas web que o conservan, deixando claro que cando un vídeo se elimina de raíz continúa a circular pola Internet sendo practicamente imposible evitar a súa difusión, de aí que sexa tan sensible a nosa intimidade na Internet.

PUBLICIDADE