Un truco permite gravar vídeo a 720p co Nexus One

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Cando presentouse o HTC Desire coma un móbil irmán do Nexus One, compartindo case todas as prestacións, sorprendeu por contar entre as súas prestacións cun sintonizador de radio FM e a posibilidade de gravar vídeo en alta definición a 720p, pero pouco a pouco imos vendo que estas posibilidades non estaban pechadas para o móbil de Google, e despois de que o Android 2.2 activase a radio do Nexus One, agora un truco publicado na web (e polo momento só dispoñible para unha ROM non oficial para o terminal coñecida coma CyanogenMod 5.0.8test3) permite gravar vídeo a 720p dende o Nexus One o que podería levar á xente de Google a actualizar o software do móbil no futuro seguindo estes pasos.
Polo momento a solución que permite gravar vídeo a 720p no Nexus One dista de ser perfecta, pero serve para demostrar que non é imposible, achegando o móbil promovido por Google a outros terminais comercializados con posterioridade.


Proba de gravación de vídeo a 720p dende o Nexus One

PUBLICIDADE