Un tercio dos estudantes da UAM atopou traballo na Rede

martes, 7 de abril do 2009 Raquel Noya

Segundo puidemos ler hoxe no portal de formación Aprendemas.com, un tercio dos estudantes licenciados no ano 2006 en Madrid, nin sequera tiveron que moverse da casa para atopar o seu primeiro traballo, pois conseguírono a golpe de rato por Internet.
Este dato, que supón un fío de esperanza para todos os recén licenciados do noso país que non atopan emprego nin debaixo das pedras, foi extraído dun estudo realizado pola Universidade Autónoma de Madrid, e engade que tan só o 7 por cento dos estudantes enquisados (un total de 3.901 ex alumnos e ex alumnas) se atopa en situación de desemprego.
Asemade, o estudo apunta que un 15,7 por cento aínda non comezou a traballar porque se segue dedicando á súa formación e un 1,3 máis traballa pero aínda non asinou contrato algún.

PUBLICIDADE