Un pontevedrés crea uns AirPods de ouro de 18 quilates

luns, 2 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O pontevedrés Pablo Cimadevila, parapléxico dende os 4 anos de idade, medallista paralímpico en natación e fundador de Cimadevila Design, S.L., empresa de xoiaría que protagonizou o docu-reality televisivo 24 Kilates, está a conseguir unha grande proxección internacional grazas a unha das últimas creacións plasmada en vídeo: os Airgolds.
Cimadevila gravou un vídeo no que podía verse como colleu uns AirPods de Apple, desmontounos coidadosamente e replicou e súa carcasa en ouro de 18 quilates, converténdoos nuns Airgolds. Esta traballo artesanal chamou a atención de máis de 10 millóns de espectadores en YouTube e acumulou máis de 1,2 millóns de reproducións en Facebook, deixando claro tanto o interese do público por un traballo tan coidadoso como pola existencia duns AirPods de ouro que, ao non ser un produto oficial, non están á venda, para frustración de moitos individuos dispostos a pagar por un accesorio que podemos definir como único.

Vídeo no que pode verse o coidado traballo de Pablo Cimadevila

PUBLICIDADE