Un obradoiro na Coruña afondará no desenvolvemento con AngularJS

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Para formarse no desenvolvemento de aplicacións web e móbiles mediante AngularJS, Alberto Basalo, creador da plataforma de xestión documental Docuralia e fundador de Ágora Binaria, impartirá durante a tarde do venres 4 e a mañá do sábado 5 de abril un completo obradoiro intensivo no que os participantes poderán desenvolver unha aplicación real: un mini-xestor de ingresos e gastos cuxo código estará dispoñible en Github, polo que os participantes nestas xornadas deberán acudir co seu propio equipo informático.
Esta actividade formativa estará limitada a 15 prazas e terá un custo de 49 euros para estudantes e parados e de 99 euros para profesionais, sempre que se realice a inscrición antes do remate do mes (posteriormente o prezo incrementarase 10 e 20 euros respectivamente). O obradoiro desenvolverase nas oficinas de WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña.

PUBLICIDADE