Un obradoiro de 3 dÃas na Coruña axudará ao lanzamento de startups innovadoras
venres, 21 de febreiro do 2014
Os vindeiros dÃas 20, 21, e 22 de marzo celebrarase A Coruña Goes For Lean, un
obradoiro práctico para pór en marcha ideas de negocio innovadoras facendo uso
da metodoloxÃa Lean Start-Up, que non se limita á teorÃa, senón que busca unha
aplicación real áxil baseándose na idea de aprender facendo e contando con
mentores de luxo durante o proceso.
Esta actividade está organizada por AJE A Coruña, a aceleradora tecnolóxica
Zarpamos e Nadie Labs, co apoio de Cowoco, Lance Talent e o Colexio Oficial de
Arquitectos de Galicia, sendo esta última entidade a que actuará de anfitrioa,
posto que as xornadas desenvolveranse nas súas instalacións da Rúa Federico
Tapia nº 64, baixo.
A Coruña Goes For Lean divÃdese en varias fases: Creative Start & Pitch
Ideas (selección de ideas e equipos innovadores), proposición de valor e saÃda
do edificio (descubrir clientes e realizar propostas de valor), modelo de
negocio (deseño e testeo do negocio), experimentos e PMV (validar e prototipar
o negocio) e presentacións & Investor’s Challenge (como presentar o
proxecto a un xurado).
A
inscrición a este evento xa está aberta, con prezos que premiarán os
primeiros rexistros con prezos reducidos.